Festival Jazz Mariñas

14 de xuño do 2008

Jazz Mariñas é unha iniciativa do Consorcio das Mariñas, integrado polos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada coa subvención da Excma. Deputación da Coruña, que nace coa finalidade de achegar o jazz, como expresión cultural e artística, aos máis de 150 mil habitantes do territorio e fomentar a interrelación dos habitantes que, con seguridade, se desprazarán dun concello a outro para as actuacións. O festival, cuxa inauguración está prevista o día 17 de xuño, conta coa produción artística de Nani García.