Pradolongo

28 de decembro do 2007

Nani García, produce a música para a longametraxe Pradolongo así coma a nova versión do tema "Quen poidera namorala" de Luis Emilio Batallán. Batallán achegouse aos estdios Bruar para gravar unha nova versión da mítica canción. O tema foi interpretado por Pedro Valero nas guitarras acústicas, Bieito Romero nas gaitas e contou cun arranxo de corda de Nani García para unha orquestra de 21 músicos, dirixidos por David Etheve. A partitura da música orixinal asínaa Zeltia Montes. A corda e as madeiras foron gravadas en Mans, Estudio de Gravación e os instrumentos tradicionais nos Estudios Bruar. A produción, contou coa colaboración de, entre outros: Xan Cerqueiro, Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde.